Versión musicada poema Dis ma-ma-má de Xela Arias

 Pasou o ano adicado a Xela Arias, mais a emoción da súa poesía fica. E acompañada por música aínda se incrementa:

https://www.youtube.com/watch?v=lawngop0vCo

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.

--------

I

Dis ma-ma-má
e consegues oito pasos seguidos sen axuda
cara a nós. ¿Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
face-lo necesario porque avances.

II

¿Que é o necesario?
Coma sempre:
asumir que me equivoco e seguir investigando.
Como sempre en min,
e máis contigo.

-----

Busco o modo de te acompañar sen estorbo,
que seas ó meu carón feliz e creador
de ti,
de ti e mailo mundo que apañes.

-----

Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán das narracións para o ano en que nacín.

E vés
ti
agora,
primeiro imaxinado e xa querido,
logo presente nestes cuartos a diario:
hai posible en ser muller un privilexio imposible de transferir.


Comentários

Mensagens populares