Música en galego

 

Velaí van algunhas ligazóns a plataformas onde poderedes ver e ouvir música en lingua galega, dos estilos máis variados (tradicional, electrónica, metal...)

A pouco que busquedes, seguro que atopades algo do voso gusto!

1) SPOTIFY

listas de reprodución elaboradas por diferentes utilizadores da plataforma.

2) YOUTUBE

lista de reprodución con máis de 400 vídeos.

3) GZMÙSICA

Web adicada á música galega, con vídeos e descargas organizados por xéneros musicais. Pódese seguir tamén a traves de NósTV, na plataforma R.

4) GALICIA EMERXE

Concertos gravados na TVG, de entre 20 e 30 minutos, de grupos musicais "tolerados".

5) CONCERTOS RADIO GALEGA 

Concertos gravados na Radio Galega, a maioría de grupos de jazz.

6)  CANTOS ROLADOS

Programas temáticos, con actuacións e entrevistas a músicos de todos os xéneros.

7) ALALÁ

 Programá clásico de investigación e difusión da música tradicional galega.

8) ONDA CURTA

Concertos de hai dez anos da TVG, na onda da música indie e maioritariamente en castelán, pero cóanselles algunhas bandas en galego. 

9) MEGA (Música en Galicia)

 Portal do Consello da Cultura Galega para dar a coñecer as novidades do mundo musical galego.



Comentários

Mensagens populares